A Terapia Ocupacional centra a súa intervención na adquisición e adaptación de recursos que permitan ter unha vida o mais autónoma posible, acorde aos gustos e intereses da persoa usuaria, fomentando a súa inclusión social, a participación activa e igualitaria, e deste xeito promover a calidade de vida e benestar.
Para isto, as nosas Terapeutas Ocupacionais interveñen mantendo ou restaurando as habilidades das persoas, adaptando as actividades ou modificando o entorno, para facilitar o desenrolo das ocupacións que as persoas demanden no seu día a día e ao longo do seu ciclo vital.
Dispoñemos de unha sala de Atención á infancia centrada no traballo a través do xogo como actividade fundamental da infancia e outra para a intervención con persoas adultas.