
21 Nov Termas Salvaterra
Na entrada de este mes, presentámosvos unha opción de ocio diferente: Aparcamos as rutas por un momento para presentarvos o espazo termal de Salvaterra do Miño, un espazo considerado como as termas ao aire libre mais grandes de Galicia.
Sitúanse xusto no mesmo punto onde vos presentamos o inicio da ruta “Salvaterra: Termas de Oleiros- Parque de A canuda”, polo que podes combinar paseo e termas se queres.
A accesibilidade ata a terma é boa, sen embargo carecen de un servizo ao baño completamente accesible. Nos , levamos visitado sen embargo as termas varias veces con persoas que empregan cadeira de rodas ou con dificultades na marcha, pero precisouse sempre axuda de terceiras persoas para acceder a auga.
Situadas en Teáns, na Parroquia de Oleiros, a túa chegada a elas atoparás unha zona de aparcamento. Existe unha praza reservada a persoas con mobilidade reducida, xusto diante da entrada as Termas e ao paseo. Ademais, hai una zona ampla de aparcamento con pavimento de terra prensada.
O acceso as termas é bo, a través dun camiño primeiro de formigón e despois de pequenas pedriñas completamente practicables, sen chanzos para acceder aos vestiarios.
Existe un vestiario-aseo reservado para persoas con mobilidade reducida, con espazo para unha persoa. Conta con baño con barras, e ducha con cadeira. (foto A)
Ademais, hai unha pequena sala de curas con padiola que nos ofreceron empregar se era preciso.
Existen dous vestiarios mais, un para homes e outra para mulleres, nos que algunhas persoas usuarias de cadeira tamén nos cambiamos xa que as portas e espazos son amplos.
Conta con taquillas para as que precisas levar unha moeda de 1 euro.
O terreo das termas ten pavimento de pedra, que permite unha boa mobilidade.
As duchas exteriores, obrigatorias antes de entrar a terma, carecen de asento. Polo que se non tes a posibilidade de que te axuden, mollarás a cadeira de rodas.
Existen 4 termas de auga quente, e unha de auga fría.
Todas teñen chanzos de entrada e unha varanda. Polo que no noso grupo, varias persoas precisaron axuda para baixar e subir.
Comentáronnos que van instalar unha grúa, pero non sabemos cando. Xa levamos un par de anos preguntando por ela e sempre temos a mesma reposta: falta unha peza.
O interior da terma e de pedra, con bancos ao redor, a súa altura é moderada como en calquera terma e resultan bastante cómodas.
Tamén conta con chorro de auga a presión.
Conta con baños na zona exterior. Aínda que son amplos, coas portas anchas, ningún está adaptado.
O prezo das termas é de 4 € por persoa, se eres un grupo podes falar con eles para que te fagan un desconto.
Os residentes da eurocidade Salvaterra- Monçao, teñen unha tarifa reducida de 2 €. e tamén existen bonos de 10 baños por 30€.
O tempo máximo a estar na instalación, segundo indican nas súas normas son dúas horas e non se permite a entrada a menores de 10 anos.
Deixámosvos os horarios tamén, pero podedes consultar a información detallada na páxina do concello: Espazo termal











