
17 Jul Tócalle a quenda o noso furgón
Un servizo importante para os usuarios do centro de día é o Transporte adaptado, polo que hoxe facemos un pequeno recordatorio deste indispensable apartado.
Non todos dispoñen de vehículo propio ou mesmo carné de conducir, polo que acudir todos os días o noso centro resultaría unha tarefa moi difícil, tanto para eles como para os seus responsables.
A asociación dispón dun furgón adaptado para o transporte dos usuarios, accedendo a calquera recuncho do Baixo Miño, alá onde viva o interesado, para traelo ao centro polas mañás e voltar a casa cando rematen a súa xornada. Ademais estarán baixo a supervisión do coidador dende que saen pola porta da casa, ata a súa volta.
Sen esquecernos de que este mesmo transporte tamén é utilizado para as saídas de ocio que realizamos, das cales falaremos noutro momento. Non dubidedes en porvos en contacto para máis información.