Transparencia corporativa

Defender os dereitos das persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño e concellos limítrofes, dando servizos que fomenten as capacidades de auto realización para acadar a plena integración social.

Ser unha entidade accesible, solidaria, participativa e responsable, capaz de establecer alianzas con outras organizacións.

 

Con unha estrutura asentada e consolidada, de profesionais estables e implicados que sexan capaces de artellar un abano de servizos orientados a cubrir as necesidades dá persoa.

Igualdade: Ter todos/as as mesmos dereitos, obrigas e oportunidades.

 

Honestidade: Transparencia na xestión e actuación da entidade e os seus socios.

 

Compromiso: Marcarse uns obxectivos e esforzarse o máximo para levalos a cabo.

 

Participación: Colaboración bidireccional xerando unha estrutura democrática de implicación para todos/as.

 

Responsabilidade: Cumprir cas obrigas contraídas, sendo consecuentes cos fins da asociación.

 

Calidade: Satisfacción de las expectativas.

 

Solidariedade: Traballar desinteresadamente aportando as capacidades persoais para dar cobertura as necesidades das persoas.

 

Unión: Traballar todos nunha mesma dirección, desbotando protagonismos e actitudes competitivas.

 

Humildade: Recoñecer as nosas equivocacións aprendendo delas para obter unha mellora constante.

 

Defensa dos dereitos das persoas con discapacidade: Traballar polo cumprimento efectivo dos nosos dereitos; evitando mensaxes sentimentalistas e tratando de eliminar as barreiras tanto físicas como psicolóxicas que nos impide unha integración social e laboral plena.

Memorias de actividades/económicas

Información publicada segundo a Ley 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.

Colaboradores