¡Únete a nós!

¿Queres pertencer a Vontade? Podes formar parte da nosa asociación como socio, como usuario do centro de día, como patrocinador ou como voluntario. Tanto se eres unha empresa como se eres un particular estaremos encantados de poder contar contigo ¡Anímate!

Quero ser socio

 

Os socios da Asociación Vontade benefícianse de tarifas reducidas nos nosos servicios. No centro Vontade en Tomiño ofertamos fisioterapia ou psicoloxía con precios especiais para socios, ademáis estarás ao tanto de todas as novedades sobre a asociación e informarémoste dos cursos, actividades e promocións que vaiamos realizando.

Quero ser usuario

 

O noso centro de día ofrece actividades de rehabilitación, formación e ocio para persoas con discapacidade, nun horario de 09:30 a 17:30 horas. Se estás interesado en unirte aos nosos usuarios ou tes un familiar que poda estalo, non dúbides en solicitar máis información no formulario de contacto. ¡Estaremos encantados de atenderte!

 Quero ser patrocinador

 

Vontade non sería posible sen as aportacións de empresas e organismos públicos que creen na nosa causa e son conscientes de todo o que queda todavía por facer. A nosa asociación loita cada día por ofrecer cada vez máis servizos as persoas con discapacidade, para facer a súa vida máis sinxela. Colaborar con Vontade aporta a túa empresa unha imaxe máis responsable e concienciada, pero sobre todo, colaborar con Vontade apórtate a ti a satisfacción de por o teu graniño de area para un mundo máis xusto e igualitario.

 Quero ser voluntario

 

A través do noso voluntariado ofrecemos a posibilidade de coñecer distintas realidades, distintos enfoques e distintas experiencias vitais. Se te animas a colaborar con nós estaremos encantados de recibirte e atopar tareas acordes cos teus intereses.

¡Quero vivila experiencia!

Colaboradores