
08 Nov Vontade está de parabéns!
Hoxe Vontade está de aniversario. Desde aquí queremos felicitar aos socios, membros do equipo e toda a xente que fai isto posible.
Tal día coma hoxe fai 20 anos xa, comezou este proxecto chamado Asociación de persoas con discapacidade Vontade.
Comezamos dende cero e despois de moito esforzo e sacrificio conseguimos medrar ata o punto de que fixemos un centro propio onde todo o mundo pode ter acceso sesións de todo tipo, dende fisioterapia ata psicoloxía, pasando por terapia ocupacional ou logopedia entre outras, e outtras actividades. Tamén comezamos un servizo de atención a infancia e damos apoio o servizo de atención temperá. Ademais temos 3 furgóns adaptados para o uso dos que o precisen.
Estes son uns pequenos exemplos do que conseguimos pero isto non queda aquí e conseguiremos moito máis.