
03 Abr X Solidaria (Renta 2018)
Chegou o mes de Abril, e con el ábrese o prazo para a declaración da renta 2018, na que os cidadáns teñen a oportunidade de escoller onde adicar o 0,7% do IRPF. A «X Solidaria» pretende concienciar aos contribuíntes de que marquen o recadro de Actividades de interese social. E lembrarlles que, con esta pequena gran acción, o cidadán non terá que pagar máis impostos nin lles devolven menos.
701.637 galegos e galegas marcaron a X solidaria no exercicio anterior, axudando a persoas maiores, discapacitados, persoas enfermas de cancro… Grazas os proxectos desenrolados neste marco, con teleasistencia, residencias, centros de día, axudas a domicilio, a persoas con discapacidade intelectual e a súas familias, persoas sen fogar, transporte adaptado, voluntariado e un longo etc.
No 2018 recadáronse preto de 16 millóns, mellorando as cifras do ano anterior, inda así, mais dun 40% das persoas non marcaron fins sociais o realizar a declaración da renda,. Imaxinas a cantas persoas en perigo de exclusión social se poderían axudar?
Practica #rentaterapia, non custa nada!