
17 Abr Campaña X Solidario
Como cada ano por estas datas, está aberto o prazo para realizar a declaración da renda. Polo que nos facemos eco da campaña X Solidario, para concienciar os contribuíntes de que marquen o recadro de Fins Sociais, adicando así o 0,7% do IRPF a esta finalidade tan importante para o benestar da sociedade.
Lembrar que as catro posibilidades coas que contan os contribuíntes a hora marcar a asignación na declaración da renda son:
– Fins Sociais
– Fins Sociais e Igrexa Católica
– Igrexa Católica
– Non marcar ningún
O contribuínte ten dereito a elixir a onde van destinados os seus cartos, e recordar que cando se marca un destes recadros, non se pagan máis impostos nin lles devolven menos. Xa que do pagado no IRPF, o estado separa ese 0,7% para que o contribuínte decida o seu fin.
As cifras de recadación no concepto fins sociais do ano pasado son de 14.858.529 €. Un número que podería mellorarse se o 46,4% dos contribuíntes que non marcaron Fins Sociais no exercicio anterior, o fixera no actual. Deste xeito poderíanse sumar outros 11 millóns de euros a mellorar a calidade de vida de todos.
A eses 585.396 galegos e galegas que non marcan o recadro de Fins Sociais, vai dirixida a campaña. O diñeiro recadado é repartido entre as organizacións sociais o longo de todo o territorio, incluída a nosa. Marca Fins Sociais!