Servizo de Psicoloxía Sanitaria

A intervención terapéutica dende a área de Psicoloxía comeza cunha avaliación tanto da esfera cognitiva cómo condutual, emocional e social da persoa, para identificar as dificultades, a problemática actual e as fortalezas, identificando así os obxectivos da intervención, para desenvolver un plan individualizado. Traballarase tanto de maneira individual, coma grupal dependendo de cada caso, realizándose un seguimento da consecución dos obxectivos mediante técnicas cognitivo-condutuais, así coma terapias de terceira xeración (terapia de aceptación e compromiso, activación condutual, etc), fomentando o acceso a terapia psicolóxica de maneira aberta e accesible, a calquera persoa que necesite mellorar en algún aspecto da súa vida.

psicoloxia

De qué forma?

  • Avaliación psicolóxica.
  • Avaliación neuropsicolóxica.
  • Establecemento de obxectivos e seguimento dos mesmos.
  • Intervención coa rede de apoio das persoas usuarias e externas.
  • Traballo en rede coas outras áreas.
  • Estimulación e rehabilitación cognitiva.
  • Realización de talleres sobre diferentes temáticas (Mindfulness, afectividade, estimulación cognitiva, etc).
  • Elaboración de informes.

Colaboradores